Esta semana imos facer dous cambios na configuración do blog, un no deseño e escribir un texto cunha imaxe e un vínculo. Teñen que estar feitas antes do mércores 11 de marzo.
- En configuración - formatos tés que cambiar a zona horaria. A de españa debe ser GMT+01:00.
- En configuración - comentarios poñer que os comentarios deben ser moderados sempre. Despois debedes publicar ou borrar os que os fagan nos artículos. Tede coidado cos comentarios. Hai tres anos un alumno foi denunciado por comentarios anónimos feitos no seu blog. Foi absolto, pero o xuízo non foi moi agradable. Máis información en http://www.elmundo.es/elmundo/2007/04/18/madrid/1176914934.html e http://www.mafius.com/blog/sobre-mi/me-absuelven-de-las-supuestas-amenazas-al-profesor-de-filosofia
- No Deseño tés que poñer unha lista cos enlaces aos blogs feitos no teu grupo parecida á que teño eu. Busca "Añadir un gadget" - "Lista de enlaces". Tamén podes quitar a lista de seguidores. Vaite fixando nos gadgets que vexas noutros blogs, imos traballar máis con eles.
- Escribe un artigo no que apareza a fotografía dos filtros do terceiro exercicio de Gimp. Antes de colocala no blog cámbialle o tamaño para que teña 450 píxeles de ancho e gárdaa no formato jpg con calidade entre 50 e 70 (fíxate cando a gardes como ves a foto. O ideal é que se vexa ben e non ocupe moito en disco para que a descarga non sexa moi lenta). Pon o nome do fotógrafo orixinal cun enlace á páxina de Openphoto onde a descargaches e explica como fiseches os cambios (programa que utilizaches cun enlace a unha páxina onde poda descargarse e ferramentas empregadas).
A miña era de Rodolfo Cartas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario