miércoles, 25 de febrero de 2009

Creación dun blog en Blogger

Desde hoxe ata fin de curso imos estudiar o funcionamento do blog. Empezaremos creando un en Blogger: na túa conta de Gmail pulsa no "Mas" que hai no menú da parte superior esquerda, no menú emerxente pulsa en "Todavía más" e despois en Blogger.
Vas ver o listado de blogs nos que xa escribiches (As TIC na prensa e o das tarxetas de nadal). Busca o botón "Crear un blog" na parte superior dereita e cubre os datos:
  • Título do blog
  • Enderezo
  • A palabriña de seguridade
Na seguinte pantalla tés que elixir a plantilla. Colle a que máis te guste, vas poder cambiala máis adiante. E despoís xa podes crear o teu primeiro artigo. Preséntate e explica que creas o blog como traballo do curso.
Cando teñas escrito o artigo envía unha mensaxe có enderezo do blog a min e a todos os compañeiros do curso (podes ver os enderezos en calquera correo dos que os envío con exercicios). Ten que chegarme antes do mércores 4 de marzo.