lunes, 8 de junio de 2009

Aplicacións da informática

Esta semana tés que redactar un artigo no que fales das aplicacións da informática no traballo para o que pensas estudar. Podes empezar buscando a frase "aplicacións informáticas na xxxx". No artigo tés que poñer unha relación de tarefas nos que se empregan ordenadores xunto cos programas que empregarías para facelas. Fai tamén un listado das páxinas das que sacaches a información.

lunes, 1 de junio de 2009

Estatísticas


Xa puxemos un contador no blog para saber cantas visitas tivemos. Ahora imos usar un servizo de estatísticas que nos permita saber de onde proceden os lectores, que navegadores usan, como chegaron ao noso blog...

Imos empregar o Google Analytics. Podes entrar coa túa conta de Gmail. Na creación da conta tés que poñer o enderezo do teu blog e outros datos persoais (nome, teléfono...). Despois da un código que tés que copiar na edición HTML de calquera lugar do blog. Eu o puxen no código do contador de visitas, pero tamén valería poñelo en calquera artigo ou crear un novo gadget sólo para este código.

No exercicio tés que facer dúas cousas:

  1. Esta semana hai que poñer o código no blog para activar as estatísticas. Mándame unha captura de pantalla na que apareza este código.
  2. Entre o 17 e o 22 de xuño tés que facer un artigo no que apareza unha captura de pantalla da gráfica de visitas do Google Analytics e comentes que información da este servizo.

lunes, 18 de mayo de 2009

Textos no blog

Textos No Blog Bach Textos No Blog Bach rahico Exercicio para colocar un texto incrustado no blog



lunes, 11 de mayo de 2009

Marcadores sociais

Xa falamos dos marcadores ou favoritos no exercicio dos navegadores. Trátase de gardar e organizar as páxinas web que usamos habitualmente ou poden interesarnos no futuro.
As páxinas de marcadores sociais teñen a mesma utilidade, pero en vez de gardar os enderezos no noso ordenador os gardamos na web. Algunhas das máis coñecidas son:
Tés que abrir unha conta nunha destas páxinas e almacenar a lo menos 10 páxinas relacionadas con algún dos programas que vimos no curso (ten que haber páxinas sobre 3 ou máis programas).
No blog debes redactar un artigo sobre as vantaxes e inconvenientes que crees que ten o uso destas páxinas comparadas co almacenamento de favoritos no navegador. Coloca no artigo unha captura de pantalla da túa páxina de marcadores.
Hai que entregalo antes do xoves 14 de maio.

martes, 5 de mayo de 2009

Contadores de visitas

Esta semana imos poñer un gadget cun contador de visitas ao blog. Na páxina de Oscar González hai un artigo con enlaces a páxinas onde atopalos e unha explicación da súa colocación no blog.
Tamén tés que facer un artigo no blog cun enlace á páxina onde o descargaches indicando os servizos que podemos obter nesa páxina.
Ten que estar todo feito antes do xoves 7 de maio. Cando o remates mándame un correo cunha captura de pantalla do artigo.

miércoles, 15 de abril de 2009

Alternativas a Blogger. Para entregar antes do 28 de abril.

Imos ver como funcionan outros servizos de creación de blogs distintos de Blogger. Primero usa un buscador para atopar algún servizo. Podes escribir "creación de blog", "aloxamento de blog" ou termos semellantes. Fai un comentario a este artigo poñendo algúns dos servizos que atopes. Procura que non repetir os que puxeron anteriormente outras compañeiras.

Elixe dous dos servizos atopados e crea unha conta en cada un deles. Imos crear varios artigos iguais nestes blogs para poder comparar o funcionamento:
  1. Un artigo presentándote.
  2. Copia o artigo coa imaxe creada cos filtros de Gimp que tés no Blogger.
  3. Un artigo cunha presentación ou un vídeo que falen sobre o canon dixital.
  4. O mapa que creaches no Google Maps antes da semana santa.
  5. Un gadget cun reloxo ou un calendario.
  6. Un gadget con vínculos aos outros dous blogs teus.
Por último escribe un artigo no Blogger comentando cal dos tres servizos prefires, indicando as razóns. Neste artigo pon enlaces aos outros dous blogs.
Cando teñas todo rematado mándame un correo.

lunes, 30 de marzo de 2009

Google Maps

Esta semana imos preparar mapas no Google Maps e inserirlos no blog.
Os mapas pódense crear pulsando no enlace "Mis mapas" e no botón "Crear un mapa novo". Temos que identificarnos co usuario e contrasinal do Gmail e xa podemos empezar.
A esquerda temos un espazo para darlle un título e un comentario e decidir se vai ser público ou privado. En realidade sempre é público, a diferenza está en si pode ser atopado polo buscador ou non. Se o mapa é privado calquera pode velo, sempre que coñeza a URL. Nesta zona tamén van aparecer as marcas e liñas que vaiamos debuxando.
Na parte superior esquerda do mapa temos as catro ferramentas que imos empregar na creación:
  • a man para mover o mapa e seleccionar os obxectos creados.
  • a marca para situar a posición dun lugar.
  • a liña para marcar percorridos.
  • o polígono para debuxar unha rexión.
Cando usamos as tres últimas temos que cubrir un formulario co nome e a descrición do obxecto creado. A descrición pódese poñer de tres formas: texto sen formato, texto enriquecido e HTML. O texto enriquecido permítenos colocar imaxes e vínculos.
Cando temos creado o mapa podemos ver a súa URL e o código para inserilo no blog pulsando no botón "Enlazar".

Poño dous exemplos de mapas. No primeiro están marcadas as rutas para chegar ao instituto entrando polas tres vías principais de chegada a Viveiro.

Ver mapa máis grande

No segundo están os enlaces á serie de artigos "Los rincones más hermosos de Galicia" que publica os domindos o xornal La Voz de Galicia.

Ver mapa máis grande



Como exercicio tés que poñer nun mapa os lugares de nacemento das seguintes persoas, colocando unha fotografía, enlaces a dúas páxinas que falen de cada un deles  e comentando brevemente a súa contribución á informática. Tén que estar feito antes do venres 3 de abril.

  1. Linus Torvalds
  2. Tim Berners-Lee
  3. Steve Jobs
  4. Bill Gates
  5. Richard Stallman
  6. Larry Page e Sergei Brin

lunes, 23 de marzo de 2009

Web 2.0

Esta semana imos traballar cos vídeos de Youtube e a web 2.0. O artigo do blog ten que estar feito o luns 30 de marzo.
Para empezar créate unha conta en embedr. Vas empregala para colocar no blog os vídeos atopados. Crea unha lista nova pulsando no botón "build a playlist". Para colocar os vídeos tés que copiar o enderezo e pulsar no botón add. Antes de saír pulsa no botón "create playlist" para gardar o traballo. Se modificas a lista tamén tés que saír pulsando no botón "save playlist", senon os cambios non quedan gardados.

Crea un artigo novo no blog. Empeza explicando que entendes por "web 2.0". Pon tres exemplos de servizos da web 2.0, enlazando as páxinas que o ofrecen e comentando a súa utilidade.
Completa o artigo cunha lista de catro vídeos creada co embedr. Dous vídeos teñen que tratar da web 2.0 e os outros de dos das páxinas que puseches de exemplo. Coa busca avanzada de Youtube podes buscar vídeos por idioma, categoría...
Para rematalo da a túa opinión sobre a utilidade que ves aos servizos comentados nos teus estudos.
Programa o artigo para que se publique o luns 30 ás 16 horas (enlace "opcións de entrada" que hai baixo a caixa na que escribes).

jueves, 12 de marzo de 2009

HTML

Esta semana imos facer un cambio no deseño e escribir un artigo cunha presentación.

  • Coloca un gadget cunha fotografía ou unha imaxe. Podes buscar no listado do Blogger (Deseño - Elementos da páxina - Engadir un gadget) ou en páxinas externas como Widgetbox. Colócao na parte inferior da columna.
  • Escribe un artigo no que expliques brevemente en que consiste a linguaxe HTML. Completao con enlaces a tres manuais ou cursos sobre esta linguaxe e unha presentación que fale do deseño de páxinas web.
    A presentación podes buscala nas páxinas Slideshare ou Slideboom. Para colocala no artigo busca o código EMBED, cópialo, vai a pestana de "Edición de HTML" do artigo, sitúa o cursor onde queras colocala e pega o código copiado anteriormente.

jueves, 5 de marzo de 2009

Imaxes e vínculos. Moderación dos comentarios.

Esta semana imos facer dous cambios na configuración do blog, un no deseño e escribir un texto cunha imaxe e un vínculo. Teñen que estar feitas antes do mércores 11 de marzo.

  1. En configuración - formatos tés que cambiar a zona horaria. A de españa debe ser GMT+01:00.
  2. En configuración - comentarios poñer que os comentarios deben ser moderados sempre. Despois debedes publicar ou borrar os que os fagan nos artículos. Tede coidado cos comentarios. Hai tres anos un alumno foi denunciado por comentarios anónimos feitos no seu blog. Foi absolto, pero o xuízo non foi moi agradable. Máis información en http://www.elmundo.es/elmundo/2007/04/18/madrid/1176914934.html e http://www.mafius.com/blog/sobre-mi/me-absuelven-de-las-supuestas-amenazas-al-profesor-de-filosofia
  3. No Deseño tés que poñer unha lista cos enlaces aos blogs feitos no teu grupo parecida á que teño eu. Busca "Añadir un gadget" - "Lista de enlaces". Tamén podes quitar a lista de seguidores. Vaite fixando nos gadgets que vexas noutros blogs, imos traballar máis con eles.
  4. Escribe un artigo no que apareza a fotografía dos filtros do terceiro exercicio de Gimp. Antes de colocala no blog cámbialle o tamaño para que teña 450 píxeles de ancho e gárdaa no formato jpg con calidade entre 50 e 70 (fíxate cando a gardes como ves a foto. O ideal é que se vexa ben e non ocupe moito en disco para que a descarga non sexa moi lenta). Pon o nome do fotógrafo orixinal cun enlace á páxina de Openphoto onde a descargaches e explica como fiseches os cambios (programa que utilizaches cun enlace a unha páxina onde poda descargarse e ferramentas empregadas).
    A miña era de Rodolfo Cartas.


miércoles, 25 de febrero de 2009

Creación dun blog en Blogger

Desde hoxe ata fin de curso imos estudiar o funcionamento do blog. Empezaremos creando un en Blogger: na túa conta de Gmail pulsa no "Mas" que hai no menú da parte superior esquerda, no menú emerxente pulsa en "Todavía más" e despois en Blogger.
Vas ver o listado de blogs nos que xa escribiches (As TIC na prensa e o das tarxetas de nadal). Busca o botón "Crear un blog" na parte superior dereita e cubre os datos:
  • Título do blog
  • Enderezo
  • A palabriña de seguridade
Na seguinte pantalla tés que elixir a plantilla. Colle a que máis te guste, vas poder cambiala máis adiante. E despoís xa podes crear o teu primeiro artigo. Preséntate e explica que creas o blog como traballo do curso.
Cando teñas escrito o artigo envía unha mensaxe có enderezo do blog a min e a todos os compañeiros do curso (podes ver os enderezos en calquera correo dos que os envío con exercicios). Ten que chegarme antes do mércores 4 de marzo.