lunes, 30 de marzo de 2009

Google Maps

Esta semana imos preparar mapas no Google Maps e inserirlos no blog.
Os mapas pódense crear pulsando no enlace "Mis mapas" e no botón "Crear un mapa novo". Temos que identificarnos co usuario e contrasinal do Gmail e xa podemos empezar.
A esquerda temos un espazo para darlle un título e un comentario e decidir se vai ser público ou privado. En realidade sempre é público, a diferenza está en si pode ser atopado polo buscador ou non. Se o mapa é privado calquera pode velo, sempre que coñeza a URL. Nesta zona tamén van aparecer as marcas e liñas que vaiamos debuxando.
Na parte superior esquerda do mapa temos as catro ferramentas que imos empregar na creación:
  • a man para mover o mapa e seleccionar os obxectos creados.
  • a marca para situar a posición dun lugar.
  • a liña para marcar percorridos.
  • o polígono para debuxar unha rexión.
Cando usamos as tres últimas temos que cubrir un formulario co nome e a descrición do obxecto creado. A descrición pódese poñer de tres formas: texto sen formato, texto enriquecido e HTML. O texto enriquecido permítenos colocar imaxes e vínculos.
Cando temos creado o mapa podemos ver a súa URL e o código para inserilo no blog pulsando no botón "Enlazar".

Poño dous exemplos de mapas. No primeiro están marcadas as rutas para chegar ao instituto entrando polas tres vías principais de chegada a Viveiro.

Ver mapa máis grande

No segundo están os enlaces á serie de artigos "Los rincones más hermosos de Galicia" que publica os domindos o xornal La Voz de Galicia.

Ver mapa máis grande



Como exercicio tés que poñer nun mapa os lugares de nacemento das seguintes persoas, colocando unha fotografía, enlaces a dúas páxinas que falen de cada un deles  e comentando brevemente a súa contribución á informática. Tén que estar feito antes do venres 3 de abril.

  1. Linus Torvalds
  2. Tim Berners-Lee
  3. Steve Jobs
  4. Bill Gates
  5. Richard Stallman
  6. Larry Page e Sergei Brin

No hay comentarios:

Publicar un comentario