lunes, 30 de marzo de 2009

Google Maps

Esta semana imos preparar mapas no Google Maps e inserirlos no blog.
Os mapas pódense crear pulsando no enlace "Mis mapas" e no botón "Crear un mapa novo". Temos que identificarnos co usuario e contrasinal do Gmail e xa podemos empezar.
A esquerda temos un espazo para darlle un título e un comentario e decidir se vai ser público ou privado. En realidade sempre é público, a diferenza está en si pode ser atopado polo buscador ou non. Se o mapa é privado calquera pode velo, sempre que coñeza a URL. Nesta zona tamén van aparecer as marcas e liñas que vaiamos debuxando.
Na parte superior esquerda do mapa temos as catro ferramentas que imos empregar na creación:
  • a man para mover o mapa e seleccionar os obxectos creados.
  • a marca para situar a posición dun lugar.
  • a liña para marcar percorridos.
  • o polígono para debuxar unha rexión.
Cando usamos as tres últimas temos que cubrir un formulario co nome e a descrición do obxecto creado. A descrición pódese poñer de tres formas: texto sen formato, texto enriquecido e HTML. O texto enriquecido permítenos colocar imaxes e vínculos.
Cando temos creado o mapa podemos ver a súa URL e o código para inserilo no blog pulsando no botón "Enlazar".

Poño dous exemplos de mapas. No primeiro están marcadas as rutas para chegar ao instituto entrando polas tres vías principais de chegada a Viveiro.

Ver mapa máis grande

No segundo están os enlaces á serie de artigos "Los rincones más hermosos de Galicia" que publica os domindos o xornal La Voz de Galicia.

Ver mapa máis grande



Como exercicio tés que poñer nun mapa os lugares de nacemento das seguintes persoas, colocando unha fotografía, enlaces a dúas páxinas que falen de cada un deles  e comentando brevemente a súa contribución á informática. Tén que estar feito antes do venres 3 de abril.

  1. Linus Torvalds
  2. Tim Berners-Lee
  3. Steve Jobs
  4. Bill Gates
  5. Richard Stallman
  6. Larry Page e Sergei Brin

lunes, 23 de marzo de 2009

Web 2.0

Esta semana imos traballar cos vídeos de Youtube e a web 2.0. O artigo do blog ten que estar feito o luns 30 de marzo.
Para empezar créate unha conta en embedr. Vas empregala para colocar no blog os vídeos atopados. Crea unha lista nova pulsando no botón "build a playlist". Para colocar os vídeos tés que copiar o enderezo e pulsar no botón add. Antes de saír pulsa no botón "create playlist" para gardar o traballo. Se modificas a lista tamén tés que saír pulsando no botón "save playlist", senon os cambios non quedan gardados.

Crea un artigo novo no blog. Empeza explicando que entendes por "web 2.0". Pon tres exemplos de servizos da web 2.0, enlazando as páxinas que o ofrecen e comentando a súa utilidade.
Completa o artigo cunha lista de catro vídeos creada co embedr. Dous vídeos teñen que tratar da web 2.0 e os outros de dos das páxinas que puseches de exemplo. Coa busca avanzada de Youtube podes buscar vídeos por idioma, categoría...
Para rematalo da a túa opinión sobre a utilidade que ves aos servizos comentados nos teus estudos.
Programa o artigo para que se publique o luns 30 ás 16 horas (enlace "opcións de entrada" que hai baixo a caixa na que escribes).

jueves, 12 de marzo de 2009

HTML

Esta semana imos facer un cambio no deseño e escribir un artigo cunha presentación.

  • Coloca un gadget cunha fotografía ou unha imaxe. Podes buscar no listado do Blogger (Deseño - Elementos da páxina - Engadir un gadget) ou en páxinas externas como Widgetbox. Colócao na parte inferior da columna.
  • Escribe un artigo no que expliques brevemente en que consiste a linguaxe HTML. Completao con enlaces a tres manuais ou cursos sobre esta linguaxe e unha presentación que fale do deseño de páxinas web.
    A presentación podes buscala nas páxinas Slideshare ou Slideboom. Para colocala no artigo busca o código EMBED, cópialo, vai a pestana de "Edición de HTML" do artigo, sitúa o cursor onde queras colocala e pega o código copiado anteriormente.

jueves, 5 de marzo de 2009

Imaxes e vínculos. Moderación dos comentarios.

Esta semana imos facer dous cambios na configuración do blog, un no deseño e escribir un texto cunha imaxe e un vínculo. Teñen que estar feitas antes do mércores 11 de marzo.

  1. En configuración - formatos tés que cambiar a zona horaria. A de españa debe ser GMT+01:00.
  2. En configuración - comentarios poñer que os comentarios deben ser moderados sempre. Despois debedes publicar ou borrar os que os fagan nos artículos. Tede coidado cos comentarios. Hai tres anos un alumno foi denunciado por comentarios anónimos feitos no seu blog. Foi absolto, pero o xuízo non foi moi agradable. Máis información en http://www.elmundo.es/elmundo/2007/04/18/madrid/1176914934.html e http://www.mafius.com/blog/sobre-mi/me-absuelven-de-las-supuestas-amenazas-al-profesor-de-filosofia
  3. No Deseño tés que poñer unha lista cos enlaces aos blogs feitos no teu grupo parecida á que teño eu. Busca "Añadir un gadget" - "Lista de enlaces". Tamén podes quitar a lista de seguidores. Vaite fixando nos gadgets que vexas noutros blogs, imos traballar máis con eles.
  4. Escribe un artigo no que apareza a fotografía dos filtros do terceiro exercicio de Gimp. Antes de colocala no blog cámbialle o tamaño para que teña 450 píxeles de ancho e gárdaa no formato jpg con calidade entre 50 e 70 (fíxate cando a gardes como ves a foto. O ideal é que se vexa ben e non ocupe moito en disco para que a descarga non sexa moi lenta). Pon o nome do fotógrafo orixinal cun enlace á páxina de Openphoto onde a descargaches e explica como fiseches os cambios (programa que utilizaches cun enlace a unha páxina onde poda descargarse e ferramentas empregadas).
    A miña era de Rodolfo Cartas.